A familia do teatro

A familia do teatro
30 de Maio, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Teatro en Sillobre este sábado. A agrupación teatral da sociedade Agarimo estrea unha nova comedia escrita e dirixida por Aurelia Picallo. A obra titulase “Fillo… de quen”

ESCOITA O PODCAST:

“Somos unha familia escénica de hai moitos anos, doce se contamos á apuntadora, xente de todas as idades, de 25 a 81 anos”. A agrupación teatral da sociedade Agarimo estrea este sábado unha comedia de enredo na que un empresario téxtil, rico, viúvo e afincado en Lisboa decide viaxar a Galicia para mercar dous cabalos de raza. Co negocio non están de acordo a sogra e a cuñada que viven con el en Lisboa. “A partir de aí desencadéanse unha serie de acontecementos que non vou desvelar, mellor que vaian vela” di Aurelia. A función comezará ás nove da noite no local de Agarimo de Sillobre. Ao remate, servirase unha queimada. 

 

Cultura

Publica o teu comentario agora