Familia e parróquia mariñeira

Famillia e parróquia mariñeira
21 de Marzo, 2022 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

Teatro en Barallobre. O grupo da Tenencia representa a obra “Retratos bellos”. O vindeiro domingo 27 de marzo ás sete da tarde no local da Liga de Amigos de Barallobre. Esta parróquia mariñeira é actualidade pola homenaxe recibida nunha localidade andaluza pola familia propietaria do cine Adriano. O barco Adriano foi emblemático no Puerto de Santa María en Cádiz, segundo a presidenta da Liga de Amigos e integrante da familia Dolores Fernández. 

ESCOITA O PODCAST:

Homenaxe á familia do Adriano en El Puerto de Santa María en Cádiz.

A localidade andaluza inaugurou o pasado sábado un busto de “Pepe o do vapor” no punto de atraque do barco “Adriano”. O tributo faise extensivo a toda a familia Fernández Sanjuán. O propietario e construtor do primeiro Adriano foi  José Fernández Fernández. Os seus fillos José, Eduardo, Andrés e Juan foron os seus patróns entre 1955 e 2011, data na que naufragou este barco tan singular e pintureiro. Converteuse en lenda e emblema de El Puerto de Santa María. “Pepe o do vapor”, José Fernández Sanjuán naceu en 1909 e morreu en 2011. Chegou a Andalucía con 19 anos de idade cos seus irmáns Eduardo, Andrés e Juan, todos oriúndos de Barallobre. O “Adriano” foi declarado pola Junta de Andalucía Bien de Interés Cultural. Unha asociación quere converter o “Adriano” nun museo flotante. Afirman que é o barco máis representativo da identidade da badía de Cádiz. Interpretouse o pasodobre de Paco Alba Ay vaporcito del Puerto, que se converteu en himno da cidade.

 

Fotografía da ribeira de Barallobre

(Maite Martínez Prieto)

Sociedade

Publica o teu comentario agora