A familia recurrirá o arquivo do caso Couso

A familia recurrirá o arquivo do caso Couso

10 de Xuño, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A familia de José Couso anunciou que recurrirá a resolución xudicial sobre a morte do cámara ferrolán a mans de militares estadounidenses en Bagdad en abril do 2003. Afirmou estar desolada e indignada polo arquivo da causa, que debe ser confirmado agora polo Tribunal Supremo. "O goberno cambiou a lei para protexer aos asesinos do meu irmán" denunciou David Couso.

O xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz pechou para o seu posterior arquivo a causa na que investigaba a morte durante a invasión de Iraq do cámara José Couso, que se produciu o 8 de abril de 2003 no hotel Palestina de Bagdad, nun auto no que lamenta que, a pesar de que existen suficientes indicios racionais" contra tres militares do Exército de Estados Unidos, este "crime de guerra" vai quedar "impune".

O maxistrado, que leva o procedemento á Sala do Penal para que acorde o sobresemento as actuacións ao ser o órgano competente para este trámite, considera que non ten marxe para continuar a instrución debido á reforma da lei de xurisdición universal e á recente sentenza do Supremo que confirmou o rquivo das pescudas sobre o xenocidio no Tibet. "O flexo non poderá manterse acendido", laméntase Pedraz. Desta forma, propón o peche da causa que dende 2010 mantiña procesados e baixa orde de busca e captura  tenente coronel do Exército de Estados Unidos Philip de Camp, o capitán Philip Wolford e o sarxento Thomas Gibson, aos que acusaba de delitos contra as persoas e bens protexidos en caso de conflito armado en concurso, con homicidio.

Pedraz argumenta que a resolución do Supremo, da que foi relator o exfiscal xeral do Estado Cándido Conde­ Pumpido, estableceu, de acordo coa reforma da xustiza universal impulsada polo PP, que "os tribunais españois carecen de xurisdición para investigar e axuizar delitos contra as persoas e bens protexidos en caso de conflito armado cometidos no estranxeiro" salvo en dous supostos. O primeiro refírese a que o procedemento se dirixa contra un español" e o segundo que o presunto autor sexa "un cidadán estranxeiro que resida habitualmente en España ou un estranxeiro que se atopase en
España e a extradición do cal fose denegada polas autoridades españolas".

O xuíz interpretou a reforma no sentido de que podía perseguir os presuntos autores da morte de couso "in absentia" (en rebeldía), é dicir, que "a obriga de buscar e facer comparecer aos procesados se estendía a calquera país o que se atopasen e non só a España". Non obstante, a sentenza do
Supremo establece que a xurisdición non pode estenderse "'in absentia', en función da nacionalidade da vítima ou de calquera outra circunstancia".

Tras sinalar que o Supremo establece coa súa sentenza "unha doutrina definitiva" sobre esta cuestión a partir da modalidade "moi restritiva" de xurisdición universal aprobada polo lexislador, Pedraz destaca que, a pesar de que os feitos constitúen un crime de guerra contemplado no IV Convenio
de Xenebra, a busca dos autores non será posible "en España nin noutros países".

Sociedade