Familias contra adiccións

Familias contra adiccións
03 de Maio, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As familias e a relación coas adiccións de fillas e fillos. Un importante asunto para a nova sesión do programa “Máis que un Teito” que se ofrece ás familias de Fene, Neda e Mugardos segundo avanzou en Radio Fene a pedagoga municipal María Xosé Paz.

ESCOITA O PODCAST:

Facilitar información ás familias para que sexan coñecedoras dun problema no que é necesario traballar desde as primeiras idades porque xa se están vendo en idade infantil adiccións a móbiles e tabletas. “A nivel pediátrico xa están facendo apreciacións ás familias de limitar o tempo de pantalla”, destacou a pedagoga do Concello de Fene. A nova sesión do programa “Máis que un teito” terá lugar o luns, día 5 de maio, na Casa da Cultura de Fene, ás seis e media da tarde. Estará a cargo dunha especialista, Rebeca Graña Torralba que é educadora social en Asfedro.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora