ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Chamamento do Concello de Fene á solidariedade das familias para que acollan este verán, durante os meses de xullo e agosto, a nenos e nenas saharauís. O concelleiro de Benestar, Manuel Polo, e a delegada da Asociación Galega de Solidariedade co Pobo Saharauí, Maite Martínez, presentaron en Radio Fene o programa Vacacións en Paz.

Vacacións en Paz é unha veterana iniciativa solidaria que facilita a nenas e nenos saharauís escapar das altas temperaturas do deserto durante o verán. Nese tempo tamén pasan revisións médicas e coñecen a vida fóra dos campamentos do deserto. O Concello de Fene colabora coa Asociación Galega de Solidariedade co Pobo Saharauí neste programa.
O concelleiro de Benestar, Manuel Polo, apelou á solidariedade das familias de Fene para que acollan este verán, durante dous meses, a menores saharauís. A delegada da entidade, Maite Martínez, denunciou o recorte do 40% das axudas humanitarias. Nos campos de refuxiados, no medio do deserto, non hai recursos e as máis de 200.000 persoas que alí viven non teñen máis medios de vida que as axudas humanitarias e os cartos que mandan ás súas familias algunhas persoas emigradas.
Publica o teu comentario agora