ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Retómase o vindeiro luns o programa “Máis que un teito” destinado ás familias de Fene, Neda e Mugardos. Vaise celebrar o Círculo de Diálogo: Coidarme para educar que tivo que suspenderse o luns da semana pasada polo gran apagamento eléctrico.
“As familias son modelos. Se as persoas adultas non se coidan ou non se valoran mal poden estar inculcando iso aos nenos e nenas”, di a pedagoga do Concello de Fene, María Xosé Paz. Os coidados, a xestión do estres, o auto-coidado e a auto-estima son temas que se tratarán no vindeiro Círculo de Diálogo.
O corte xeralizado da luz impediu celebrar esta interesante sesión que foi adiada ata o luns 12 de maio, ás seis e media da tarde, na Casa da Cultura de Fene. Ata este venres poden apuntarse as familias que precisen o servizo de conciliación. A pedagoga do Concello de Fene, María Xosé Paz, destacou que esta formación para as familias tamén é de interese para avós e avoas que están moi pendentes da educación das crianzas e observan, ademais, que actualmente hai unha maior implicación dos pais.
Publica o teu comentario agora