Faranduleando pola Coruña

Faranduleando pola Coruña

23 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

As fests de María Pita deste verán 2012 veñen cargadas de propostas especialmente destinadas á infancia. O programa Faranduleando recolle máis de medio cento de actuacións e espectáculos de rúa con clown, teatro, música, contos, pombas xigantes e outras moitas sorpresas que se achegarán a todos os barrios.

O programa combina a música de Mamá Cabra, cos Trapechos e novos formatos participativos como a Ensalada de Instrumentos de Os Tres Tenedores ou a música clásica adaptada aos máis pequenos de 2+Unha. As actuación comezarán cun concerto dos Trapechos o 1 de agosto ás sete da tarde na Praza Elíptica dos Rosales.

Cultura