Farase noite de día

Farase noite de día
30 de Xullo, 2026 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

A primeira eclipse total de sol visible desde a península Ibérica en máis dun século poderémola apreciar moi ben en Ferrolterra o día 12 de agosto, se o ceo está despexado. Un minuto e medio durará a eclipse total en Fene. O sol comezará ocultarse ás sete e media da tarde. As oito e vinte oito minutos será o momento máximo da eclipse. Todo volverá á normalidade ás nove e vinte un minutos. O coordinador de astronomía da Sociedade Galega de Historia Natural e fotógrafo profesional Marcos López Alonso recomenda planificar con antelación e buscar un sitio alto.

ESCOITA O PODCAST:

“Hai que planificalo, non deixar as cousas para última hora”, aconsella Marcos López Alonso. O idóneo é situarse nun lugar alto. Vivir este extraordinario fenómeno astronómico  “non é so mirar o sol, é ver como chega a noite, baixará a temperatura e producirase o vento de eclipse”, explica. “As emocións é o máis importante”. Aconsella, por iso, non dedicarse a facer fotografía “se vas estar pendente da foto igual perdes a eclipse, recomendo poñer unha cámara e gravar un vídeo”. 

De cumprirse as previsións, a eclipse moverá multitudes. Para que poidamos gozala con garantías as autoridades deseñan plans centrados na xestión de grandes concentracións de persoas, a mobilidade ou o risco de incendios. En Galicia hai ata o momento 85 puntos de observación recoñecidos pola Xunta e que entran na planificación da Secretaria de Estado de Seguridade,  33 están na provincia da Coruña, 31 en Lugo, 15 en Pontevedra e 6 en Ourense. Tamén se identificaron 29 zonas de exclusión (8 na provincia da Coruña, 17 en Lugo, 3 en Pontevedra e 1 en Ourense) porque teñen problemas de seguridade, accesibilidade ou de capacidade de evacuación. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora