ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Eu, coa mesma cara que entrei na botica, quedei por alí cerca, nunha praza.

Imaxinade o que vos conto: alí nun banco etaban de charla Lela e un bo mozo, sentados entre dúas mulleres. O mozo era un carabineiro, catador de lupandas, disposto a unha nova vida.
Ides escoitar o quinto episodio de “Matar as horas de nostalxia. Podcastelao”, o podcast que rende tributo a Alfonso Daniel Rodriguez Castelao e á súa obra "Os vellos non deben de namorarse".
Esta adaptación radiofónica está guionizada por Antonio Tizón, dirixida por Eugenia Sanmartín e conta cunha banda sonora composta por Antón Ramos. Máis de 20 persoas de equipo artístico e técnico deron vida a esta obra de Castelao.
Interveñen como actores e actrices por orde de aparición: Rogelio Arias, Sonia Parra, Antón Cortizas, Mariola Hermida, Carme Romero, Helga Méndez, Ana Santiago, Vicky Sas, Odoluscofusco, Angel Simón e Manolo Bacalhao. No apartado técnico Lorena Teijeiro, Luis Caldevilla e Xavier Fernández.
Na imaxe, Vicky Sas.
Fotografía: XanXe
Publica o teu comentario agora