Fauna Esencial en Fene

Fauna Esencial en Fene
13 de Decembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Fauna Esencial”. É o título dunha exposición de fotografía de natureza que poderemos ver en Fene a partir da próxima semana. Instalarase na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor Xaquín Marín e chega da man de Afundación, a Obra Social Abanca. Anunciou a apertura da mostra en Radio Fene a responsable do Museo, Almudena Marcos.

ESCOITA O PODCAST:

“Fauna Esencial” mostra 28 fotografías de gran formato realizadas polo naturalista Ezequiel Martínez. Poderanse ver en Fene durante un mes, do 16 de decembro ao 16 de xaneiro de 2025. A exposición encádrase no programa solidario “Cultura por alimentos” que a Obra Social de Abanca desenvolve coa colaboración da Federación Española de Bancos de Alimentos para axudar aos Bancos de Alimentos locais. Así, convídase ás persoas que se acheguen a visitar a mostra a colaborar depositando a súa doazón de alimentos non perecedoiros ao acceder á mesma.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora