Feijóo adiantará o pago da PAC como medida contra a crise do sector lácteo

Feijóo adiantará o pago da PAC como medida contra a crise do sector lácteo

12 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

As medidas a adoptar por parte do goberno galego para paliar a crise do sector agrogandeiro foron acollidas con cautela por parte dos sindicatos agrarios. A reunión que se desenrolou onte en Santiago de Compostela deixou o compromiso do goberno autonómico de adiantar o pago único da UE, polo que as explotacións gandeiras cobrarán antes un diñeiro que xa estaba estipulado con anterioridade nas súas contas futuras. Así, os preto de 70 mill&oacute

Outros dos compromisos anunciados por Alberto Núñez Feijóo foron o de estudar, “nun breve prazo”, os préstamos subsidiarios para dotar de circulante ás explotacións a través do IGAPE, estudar liñas de axudas directas, así como manter unha serie de reunións con representantes das industrias e da distribución.

 

A valoración dos sindicatos agrarios de estas accións a adoptar pola Xunta foron ben acollidas, aínda que desde o Sindicato Galego Labrego (SLG) consideran que unha única medida “non é un plan”, e solicitan mais iniciativas para solucionar un problema grave para un sector clave para o mantemento do rural en Galicia. Esta organización agraria tamén instou ao presidente autonómico a adoptar as medidas precisas “con urxencia”, xa que, de non facelo, seguirán coas súas accións de protesta, como a tractorada programada para o 26 de maio.

O sindicato nacionalista tamén pediu ao presidente autonómico que defenda que “as explotacións perciban un prezo polo leite que cubra os custos de produción” nas súas reunións coas industrias e as distribuidoras, pois esta é unha “condición imprescindible para “saír da crise na que nos atopamos”. Por último, pediron unha maior implicación do executivo na elaboración dunha nova “estrutura que reconduza a política leiteira na UE”, porque é a “única garantía para rematar con esta situación de prezos insostíbeis e leite procedente doutros países”.

Pola súa banda, o secretario xeral de XX.AA., Francisco Bello, cualificou o encontro de “positivo”, polas iniciativas plantexadas a medio prazo por Feijóo para solucionar os problemas “de fondo”. Desde Unións Agrarias (UU.AA.), Roberto García indicou que a recuperación do prezo "non require fondos públicos", xa que pasa "inevitablemente" polo control das actuacións da industria e a distribución. Así, anunciou que UU.AA. presentará senllas denuncias ante o Tribunal de Defensa da Competencia contra os procedementos de distribución e industria, ademais de demandar a articulación dun plan estratéxico para o sector produtor en conxunto cunha "alianza" coa industria e os consumidores para "preservar" o mercado.

Sociedade