Feijoo defende en Ferrol o levantamento do veto á antiga Astano

Feijoo defende en Ferrol o levantamento do veto á antiga Astano

28 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Se o Partido Popular gaña as próximas eleccións europeas, conseguirá desbloquear a construcción de buques civis na antiga Astano. Así de rotundo se manifestou onte en Ferrol o presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo, nun dos actos centrais da campaña dos populares na comarca. Durante a súa intervención no Teatro Jofre, o titular do Executivo Galego lembrou o moito que se xoga Galicia nestas eleccións europeas das que vai depender

Segundo Núñez Feijoo, é fundamental que Galicia estea ben representada no Parlamento Europeo e, para conseguilo, defendeu como único modelo válido o do Partido Popular. Dos socialistas dixo que teñen o costume de dicir o contrario do que pensan e acusounos de “falsos” en cuestións tan importantes coma o futuro dos asteleiros, a evolución da economía ou os prazos para a construcción do AVE a Galicia.

Tamén foi moi crítico o presidente da Xunta cos nacionalistas e coa súa candidatura en coalición con outros partidos entre os que citou a Esquerra Republicana de Cataluña, asegurando que votar ao BNG nas vindeiras eleccións europeas será como votar aos independentistas cataláns.

Arroupado polos presidentes local e provincial do partido, Jose Manuel Rey e Carlos Negreira, ademais do superdelegado na Coruña, Diego Calvo, o líder dos populares galegos animou aos veciños e veciñas de Ferrol a mobilizarse o vindeiro 7 de xuño para conseguir un fito histórico: que o Partido Popular consiga a súa segunda maioría absoluta nun tempo record de 90 días

Sociedade