Feijoo mantén a incógnita sobre a data das eleccións

Feijoo mantén a incógnita sobre a data das eleccións

21 de Agosto, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O adianto das eleccións autonómicas vascas para o 21 de outubro destapou os rumores sobre as posibilidades da chamada ás urnas para esa mesma data á cidadanía de Galicia. Os anteriores comicios coincidiron nas dúas autonomías o 1 de marzo do 2009. Núñez Feijoo desbotou falar de eleccions na súa visita á capela ardente de Avelino Pousa Antelo. O voceiro do PP no Parlamento Pedro Puy manifestou que a decisión do lehendakari no

O lehendakari, Patxi López, anunciou hoxe a convocatoria das eleccións ao Parlamento autonómico para o 21 de outubro co obxectivo de que os vascos poidan decidir o "modelo" co que queren saír da crise.

López compareceu hoxe ante os medios de comunicación tras comunicar aos membros do seu Goberno a decisión de disolver a Cámara e adiantar os comicios, previstos para marzo do próximo ano.

Explicou que tomou esta decisión, "moi meditada e responsable", en función dos "intereses xerais da cidadanía vasca" e en ningún caso debido a supostos problemas de liquidez do Executivo, acrecentados coa caída da recadación das facendas forais, que negou de forma rotunda.

 López indicou que convoca agora as eleccións porque "é a hora de abrir un novo tempo de diálogo e de acordos", imposible de lograr en época preelectoral, e opinou que "é momento de avanzar" a través de reformas "profundas" en fiscalidade, no armazón institucional e en políticas sociais.

Sociedade