ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O candidato do PpdeG, Alberto Núñez Feijoo, anunciou que, de chegar á presidencia da Xunta de Galicia, os 16.000 grandes dependentes da comunidade cobrarán o 50% das axudas da Lei da Dependencia nos primeiros 120 días de lexistaltura e, a totalidade das prestacións ante de rematar o ano.
Non foi esta a única promesa de Núñez Feijoo sobre esta materia. Anunciou que o seu Goberno reducirá á cuarta parte os prazos para resolver as prestacións económicas que soliciten as persoas dependentes. "Acabáronse as esperas interminables e as tramitacións eternas", asegurou o candidato popular.
O terceiro dos compromisos de Feijóo pasa porque todos os dependentes perciban puntualmente a prestación á que teñan dereito, evitando o que cualificou como “demoras inxustificadas ás que se ven abocados milleiros de galegos neste momento”. Por último, asumiu o compromiso de non gastar un só euro en publicidade da dependencia.