ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Setembro é un mes que se nos pode facer duro. Acaba o verán e diminúen as horas de luz solar. Volven as rutinas e son moitos os gastos que supón a volta ao cole. De como facer aforros grazas ás tecnoloxías falounos Iago Varela nunha nova edición de Cultura Tecno que volveu hoxe ás mañás de Fene.
“Un feirón online”. Así describe Iago Varela Wallapop, aplicación pioneira de compra-venda entre particulares. “Revolucionou a forma na que mercamos e vendemos produtos que xa non usamos, podemos atopar roupa, libros, dispositivos electrónicos ou mesmo mobles”. Neste mes o seu uso dispárase, coa compravenda tanto de libros de texto como de dispositivos para os escolares. “Permite darlles unha segunda vida a obxectos que están en bo uso”. O éxito desta plataforma inspirou a outras empresas a crear ferramentas para compras e vendas de segunda man, como Milanuncios. Tamén hai algunhas especializadas, como Vinted, que está centrada no mercado de roupa de segunda man.
Publica o teu comentario agora