ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As Pontes ven de facer público o programa íntegro de actividades da que veciños e visitantes poderán desfrutar o vindeiro 1 de novembro, na que será a XXII Feira de Fungos e Cogomelos na que se dará unha comuñón entre os apartados clásicos da feira e as innovacións que renovarán o encontro anual.
Como novidade podemos atopar unha clase maxistral sobre identificación de fungos, conservación, limpeza e preparación, unha iniciativa totalmente pioneira e que, segundo explicou a edil, conta con gran atractivo para os xiareiros da micoloxía e da recollida de fungos, dos que en As Pontes hai unha gran representación.
Do monte ao prato, título desta xornada, sumarase tamén a outras alternativas para este ano como son o novo escenario do certame de cestas, que pasará a ubicarse na Praza de América; o espectáculo infantil do humorista Ce´ Orquestra ou xa outras iniciativas para os máis maiores coma os monólogos de Pepo Suevos e Oswaldo Digón co seu espectáculo Duelo de Champiñóns, que será de entrada gratuíta.
Algúns momentos do programa:
De 10.00 a 19.00 horas: IV Mercado de Oportunidades Vila de As Pontes (Avd. Coruña)
12. 00 horas: Degustación de mel e queixo da comarca, chocolates e cafés do
mundo e productos do Eume (Rúa Alexandre Bóveda e Ramón Cabanillas)
13.00 a 15.00 horas: Degustación popular de Vol-au-vent de fungos con langostinos, empanada rechea de cogumelos e lacón, arroz con cogumelos (preparase in situ) e flan de requeixo con mel (Colexio Santa María).
Prezo: 10 euros. Venda de tickets dende as 11.00 horas no propio patio do Colexio Santa María.
17.00 horas: Espectáculo de humor “Duelo de Champiñóns” protagonizado por Pepo Suevos e Oswaldo Digón (Colexio Santa María ou Casa Dopeso, se o tempo non acompaña).