A Feira de Vilalba trasládase de ubicación por un evento deportivo

A Feira de Vilalba trasládase de ubicación por un evento deportivo

02 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O campionato 3x3 de fútbol e baloncesto trasladará o mercado semanal do Concello de Vilalba, que se celebra o vindeiro venres 4 de xuño, at ao Campo da Feira, segundo informaron desde a Casa Consistorial. A celebración deste evento deportivo, que se desenrolará desde hoxe e at ao propio venres, obrigou a toma resta medida, xa que o Torneo disputarase na Praza da Constitución, espazo onde ten lugar o mercado.

O propio campionato terá o seu fin de festa ás 19.30 horas do día 4 de xuño, cando se proceda á entrega dos premios na Casa da Cultura

Mais actividades

O departamento de Cultura da capital chairega xa definiu o seu programa para a primeira quincena de mes, comezando o martes 8 de xuño, día no que organizou unha xornada informativa sobre as liñas de axudas e financiamento do Igape para o pequeno comercio, e dirixida aos pequenos empresarios de Vilalba. Esta charla que dará comezo contra as 20 horas na Casa da Cultura, está organizada por Caixa Galicia e a Federación de Comercio, e é de libre asistencia

Ao día seguinte, mércores 9, haberá sesión de teatro no Auditorio Carmen Estévez, dado que a Asociación ANADE de Lugo representará “El médico a palos”, do grupo de teatro Pinchecarneiro. A entrada é gratuíta.

No mesmo recinto, o xoves 10, ás 17.15h, será a quenda dos cativos da Gardería Municipal de Vilalba, que levarán adiante o xa tradicional festival de fin de curso. Todos os que queiran acudir poderano facer sen custe algún, porque a asistencia será de balde.

Por último, o sábado 12, a música encherá o Auditorio vilalbés contra as 20.30 do serán, xa que está programado o Recital fin de curso do Conservatorio de Música de Vilalba. A entrada é gratuíta

Sociedade