A Feira do Libro de A Coruña acolle a presentación de 33 novidades literarias

A Feira do Libro de A Coruña acolle a presentación de 33 novidades literarias

02 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Escritores galegos como Miguel Ángel Villar Pintos, Rosa Aneiros, Manuel Rivas, Suso de Toro, Marilar Aleixandre ou Neira Vilas xunto a novelistas en castelán como Espido Freire, Marta Rivera de la Cruz, Rosa Regás, Fernando Marías, Soledad Puertolas ou Milagros Frías pasarán pola Feira do Libro de A Coruña. A cita, que chega este ano a súa XXXIX edición, abriu onte nos Xardíns Méndez Núñez coa lectura do pr

A feira será soporte en dez días para 33 novidades literarias, coa presenza todos os días de dous e ás veces tres autores, presentando o seu último libro. O coordenador do evento literario, Antonio Fernández Maira, da Federación de Libreiros de Galicia, anunciou 46 postos repartidos polos xardíns de Méndez Núñez. Este ano suprímense os  da zona da Rosaleda, xa que os comerciantes acusaban a dispersión de público que non se decataba de que a feira continuaba por alí. Dos 46, 23 son librarías coruñesas que se suman ás seis de fóra, 14 editoriais e tres mostradores institucionais, entre os que se inclúe un stand de información.

A boa saúde do libro en galego, a súa calidade de contidos e de presentación reflectirase na feira. Un escaparate perfecto para amosar a proxección internacional da literatura galega. Os visitantes poderán adquirir as últimas novidades entre as once da mañá e as dúas da tarde e entre as seis e as dez da noite. Cada compra terá un 10% de descontó así como a posibilidade de entrar en sorteos diarios, nos que se premiará cada día con dous vales de 30 euros para publicacións en galego xunto a lotes de libros.

Cultura