A Feira do Libro de Ferrol, unha festa transversal

A Feira do Libro de Ferrol, unha festa transversal

21 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O escritor galego Suso de Toro encargaráse de ler mañá, ás oito da tarde no Cantón de Molíns, o pregón inaugural da “Festa da lectura, do libro e da palabra” de Ferrol. Unha cita que presidirá o alcalde, Vicente Irisarri, e que servirá para dar o pistoletazo de saída á XX Feira do Libro da cidade naval, a primeira das que se celebrarán en Galicia ao longo deste ano 2009. Ao remate do acto, o literato asinar&aacut

As actividades arrancarán xa pola mañá, coa apertura das 12 casetas participantes e, ademais, con toda unha serie de propostas dirixidas a persoas de todas as idades e cuxo obxectivo pasa por contribuír a fomentar a lectura entre a cidadanía. O horario de apertura ao público, que se prolongará ata o vindeiro domingo 26, será de 10 a 14 horas polas mañás e de 17 a 21 polas tardes.  Con respecto á programación do primeiro dia, a edil de Cultura, Mercedes Carbajales, adiantou que pola mañá, na carpa da feira, se levará a cabo un obradoiro e a representación da obra teatral “Ana e os biosbardos” -ás 10 e ás 12 horas-, da man dos alumnos e monitoras do “Curso de animadores de ocio e tempo de lecer con infancia e xuventude”, que se desenvolve no Centro Municipal de Emprego. Tamén ás 10 e ás 12, pero neste caso na sala de obradoiros da Fundación Caixa Galicia, terá lugar o taller de encadernación, a cargo dunha profesora, unha monitora e o alumnado de Aspaneps.

Sen esquecer tampouco unha curiosa actividade denominada “Xogando coa palabra: palabras arriba” -ás 10.00, 11.15, 12.15 e 17.30 horas no salón de actos de Caixa Galicia”-, coa poeta e animadora Lucía Aldao. Xa pola tarde, ás 17.15, a agrupación de teatro “Seisdedos” traerá ao Cantón o seu espectáculo de monicreques titulado “O galo Kiriko e os seus amigos”. A continuación, ás 18.00, a escritora Yolanda Castaño protagonizará unha sesión de contacontos arredor do seu libro “Cando eu saiba ler”, xunto ao ilustrador do mesmo, Xosé Tomás.  Así mesmo, o profesorado e o alumnado do Conservatorio de Xan Viaño de Ferrol porán a nota musical á xornada cunha actuación que, de igual xeito, servirá para dar paso a Xabier P. Docampo. Os actos de mañá mércores rematarán, por tanto, coa intervención de Suso de Toro, quen toma a testemuña de Manuel Rivas, encargado de ler o pregón na edición de 2008.

Sociedade