A Feira do Viño de Chantada porá á venda 30.000 botellas

A Feira do Viño de Chantada porá á venda 30.000 botellas

11 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

30.000 botellas están xa preparadas en Chantada para recibir ao longo da fin de semana a 50.000 persoas. A vixésimo novena edición da Feira do Viño deste concello lucense arrinca esta noite ao son da música das orquestras Solara, Ritmo Joven e Los Trovadores. É a primeira vez que a celebración adianta o seu inicio ao venres, algo que decidiron tras escoitar as demandas

A ampliación dos días de festa non é a única novidade coa que se presenta o evento chantadino. A feira contará con novas casetas, con forma de cubas de viño, e recupérase a tradicional cata-concurso, cuxos resultados non se coñecerán ata dentro dunha semana. “Deste xeito evitamos que as adegas non premiadas se vexan prexudicadas nas súas cifras de vendas”, explicou Ledo.

Ademais da posibilidade de degustar o viño da Ribeira Sacra, a feira ofrece unha serie de propostas de lecer como as actuacións das orquestras América S.L, Trébol ou Compostela, a participación das charangas ou unha representación de teatro de rúa a cargo dos Quinquilláns. O pregón correrá a cargo do director de Hércules de Edicións, Francisco Rodríguez Iglesias.

Sociedade