ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A XI Feira Ecolóxica, organizada e financiada polo Concello de Arzúa e xestionada pola cooperativa Culturactiva, converterá Arzúa un ano máis no gran escaparate galego do sector verde. Para esta undécima edición, a feira ecolóxica máis grande de Galicia reunirá 65 expositores de produtores, distribuidores, cooperativas, entidades e artesáns. Todos eles amosar&aacut
Como cada ano, a axenda da Feira incluirá actuacións e espectáculos para demostrar unha vez máis a necesaria implicación da cultura na promoción da sensibilidade ecolóxica e o compromiso da creación no fomento tanto dunha produción como un consumo natural, saudable e sustentable. Deste xeito, Pandeiromus -o primeiro grupo masculino de
pandeireta de Galicia- presentarán en exclusiva durante a feira o seu novo disco Teño días. A actuación será o sábado a partir das 20.30 horas no escenario da planta baixa.
Nese mesmo lugar, o grupo de música para todos os públicos Mamá Cabrá levará o seu espectáculo Corocorico. A súa actuación está prevista para as 19.00 horas dese mesmo Xa o domingo, os Sete Magníficos máis Un representarán o seu espectáculo Bivalvos como galegos!, unha obra protagonizada polos clowns Fran Rei e Pedro Brandariz, que amosan neste novo espectáculo unha continuación natural ás súas actuacións televisivas no programa Luar. A súa función terá lugar ás 19.30 horas do domingo.
Novidades
Nesta XI Feira Ecolóxica de Arzúa, ademais dos habituais produtos ecolóxicos de alimentación ou as diferentes terapias alternativas que se amosen, poderemos atopar unha serie de novidades que van dende os materiais de construción biodegradable até aceites elaborados a partir de oliveiras autóctonas do país, pasando por técnicas para a educación natural das crianzas ou a fabricación de licores e marmeladas aproveitando todo do sabugueiro.
O aceite cento por cento galego presentarao a produtora luguesa Aceites Figueiredo. É a primeira vez que esta entidade, que busca a diferenciación do seu produto e a súa proximidade cos sabores galegos, participa na Feira Ecolóxica. Pola súa banda, a empresa lalinesa Arquisolux está especializada na fabricación de materiais naturais para a bioconstrucción: pavimentos, enerxía renovable, pintura de arxila, morteiros ou revestimentos naturais e aillantes ecolóxicos. Entre a súa oferta de produtos, podemos destacar a pintura ecolóxica, que permite pintar directamente coas mans e resulta de fácil limpeza, ademais de caracterizarse pola ausencia de cheiros. Pola súa banda, a pequena fabricante Carabuñas dedícase á preparación de marmeladas e licores de sabugueiro e producen baixo os principios da agricultura ecolóxica.
Para iso empregan materias primas ecolóxicas e de proximidade (azucre, agar agar e froita con certificación). Estas son algunhas das novidades que podemos atopar no programa.
Horarios
A Feira Ecolóxica de Arzúa por vez primeira ofrecerá un horario continuado, de xeito que estará aberta dende as 11.00 horas até ao peche. Ao mediodía, o encontro disporá dun servizo de cafetería ecolóxica e varios serán os postos de alimentación que oferecerán a posibilidade de probar os seus produtos baixo a sección de Especial Xantar! Con este novo horario, preténdese propiciar unha maior interrelación entre os participantes e facilitar a asistencia dos interesados.
Punto de encontro de artesáns, consumidores, distribudores e público, a Feira Ecolóxica (organizada e financiada polo Concello de Arzúa e xestionada pola cooperativa Culturactiva) volverá demostrar que é o principal viveiro das novidades e formas de entender a vida dende unha perspectiva máis comprometida coa contorna. Durante a terceira fin de semana de novembro, o recinto feiral abrirase de forma gratuíta a todos os visitantes, a quen se lles ofrecerá unha ampla programación na que destacarán diversos obradoiros, mostras e exhibicións de produción natural, conferencias e actuacións teatrais e musicais. Todo co obxectivo de subliñar a importancia das tendencias actuais de consumo e produción.
A Feira Ecolóxica asentouse en Arzúa no ano 2004 e, dende aquela, non abandonou a localidade coruñesa pola acollida que lle brindou os veciños, a idoneidade do recinto ofrecido, o apoio do sector e a colaboración permanente do Concello. Dende o 2012, debido aos recortes, a Deputación da Coruña –que amosara até ese momento a súa implicación-renunciou a colaborar coa feira. Malia ese atranco, o proxecto non esmoreceu e mantivo sempre o seu compromiso pola ecoloxía, a produción natural e a innovación.