A feira plántase en San Sadurniño

A feira plántase en San Sadurniño

26 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociación Bidueiro de San Sadurniño organiza para esta xornada unha feira destinada á venta de plantas, frores, sementes e demáis productos relacionados coa plantación. Haberá ademais todo tipo de productos agrícolas e gandeiros.

A Cooperativa A Xoaninha de Ferrolterra acudirá á feira e pronunciará unha charla ás 12,30 sobre “Agricultura ecolóxica e consumo responsable”. Tamén colocarán un stand de exposición de productos ecolóxicos.

Sociedade