Feiraco recupera o sabor tradicional do leite galego con Unicla

Feiraco recupera o sabor tradicional do leite galego con Unicla

07 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

A empresa Feiraco lanza ao mercado o seu novo produto Unicla Premium galardoado co Premio Europeo á Innovación Cooperativa. Trátase dun leite 100 % natural, froito dunha técnica revolucionaria que optimiza a alimentación das vacas acadando os nutrientes máis axeitados ás necesidades humanas. Unicla conta coa garantía de saudabilidade do Comité Científico da Fundación Española do Corazón. 

Con Unicla, a cooperativa galega reproduce o sistema tradicional de alimentación do gando, alongando o perfil dos nutrientes da herba verde da primavera ao longo de todo o ano. Ademais complétase a dieta animal cun suplemento a base de sementes de liño. Deste xeito, obtense un leite cunha baixa porcentaxe de graxas e unha alta concentración de ácidos graxos Omega 3 sin recurrir a procesos químicos.  

O novo produto da láctea galega xurde dun traballo de investigación para optimizar o perfil de ácidos graxos do leite mediante a alimentación e o cuidado  dos animais  realizado no marco da estratexia HESíODO, en colaboración co Departamento de Química Analítica da Facultade de Química da Universidade de Santiago, a Aula de Produtos Lácteos de Lugo xunto ao LHYCA da Facultade de Veterinaria. O novo leite de Feiraco protexe o noso organismo e convírtese no primeiro produto alimenticio que de xeito natural ten a capacidade de reducir o colesterol malo e incrementar o bo. Os resultados deste traballo, agás do recoñecemento europeo, está a conquerir unha gran aceptación polos consumidores que ven en Unicla unha fonte de alimentación saúdable, co que se recupera o sabor auténtico dun leite cen por cen galego.

Sociedade