ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A xente de Arzúa chámalle ás feiras de agosto (dos dias 8 e 22) as feiras dos jolines. "Dicímolo con agarimo" cóntanos Mini. O conto é que nos eventos do verán son moitos os cidadáns que proceden de Euskadi e de Catalunya que retornan pasar uns dias de asueto na zona na que naceron ou onde contan algun parente. Diríxense aos postos da feira e preguntan: Cuanto vale ese queso? Cando lle responde o paisano cos cartos polos que vendería o produto, a maioría responde: "Jolines".
Os bós queixos feitos con leite crú ou pasteurizado son algúns dos produtos que se venden na feira de Arzúa. Pero tamén hai moito produto da horta, cárnicos e numerosísimos postos de prendas de roupa. Tamén da horta e por suposto os despachos de polbo que atraen a moitisimos visitantes.
Pero tamén se amosa a experiencia de estar coas mans na masa. Saben enfornar pan artesanal de trigo, centeo, millo, sen sal ou integral feito en forno de leña, Un dos panadeiros que acudiu onte á feira de Arzúa foi Fernando Valín de Palas de Reis. Coce diariamente arredor de dous mil quilos de pan. Emprega a vintecatro persoas repartidas en tres quendas de traballo. "En Monterroso, Palas de Reis e Arzúa hai moi bo cereal" explica o panadeiro.
Publica o teu comentario agora