ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O feirón de Perlío non ten tanta tradición como as feiras de San Lucas de Mondoñedo, pero nos primeiros tempos equiparábase en trato, barullo de pregóns, ofertas e demandas de produtos, gaitas e altavoces. Como todos os segundos e cuartos domingos de mes, nova cita este domingo nos arredores da praza da escola.
Son feiras ilustres as de Perlío, aínda que nunca viñeron cabalos, eguas ou poldros. Ademais de obxectos de segunda man, roupa e calzado, busca na agricultura da comarca a característica e o obxecto do feirón. É hora de mergullarse na alegría dominical, admirar o pan rotundo de Ousá ou de Vilalba, o xamón curado na Terra Chá, o mel da Montaña e saborear o polbo á feira ou o churrasquiño. Só por oír o rumor que sube do feirón como o rumor do mar, xa merece a pena
Feirón de Perlio. Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora