Feito a man

Feito a man
03 de Setembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Coa chegada de setembro comeza un novo curso e a asociación O Tadetas pon en marcha esta mesma tarde os seus obradoiros de Bordado, Encaixe de Bolillos e Patchwork. Polas tardes,de catro e media a sete e media, os luns hai clases de bordado, os martes de encaixe de palillos e mércores e xoves de patchwork. 

ESCOITA O PODCAST:

As clases comezan este luns pero a admisión de alumnado permanece aberta para persoas que non poidan incorporarse de momento, segundo nos contaba a monitora de bordado, Juana Vilar. A maioría das alumnas repiten e algunha apúntase a varios obradoiros nos que fan todo tipo de pezas de artesanía.

Sociedade

Publica o teu comentario agora