Feitos, non fume

Feitos, non fume
04 de Maio, 2023 - 04:17 h. | Publicada por Radio Fene

“Estase obviando que hai unhas eleccións municipais nas que se decide máis que o circo de Madrid, decídese o que lle afecta á vida cotiá das persoas”, reflexiona Juventino Trigo, alcalde de Fene e candidato á reelección a unha semana do comezo da campaña electoral para os comicios do 28 de maio. Aspira a renovar o cargo ao fronte da candidatura que presenta o BNG para o Concello de Fene. Unha lista con candidatos experimentados na xestión municipal, que tamén incorpora xente nova. 

ESCOITA O PODCAST:

“O día 28 non hai eleccións xerais, son municipais. E estase a obviar o debate municipal, parece que so existen Ayuso, Feijóo e Sánchez” , lamenta Juventino Trigo, que ten que compatibilizar os preparativos da carreira electoral coa gobernanza do Concello de Fene. Para a elaboración do programa, no BNG pulsaron as opinións dos distintos colectivos sociais do municipio. Anuncian medidas para creación de “novos espazos públicos para o Concello que benefician aos cidadáns”. “Seguir reforzando os servizos públicos”. “Darlle unha solución ao Urbanismo en Fene”. Juventino Trigo tamén saca peito do traballo realizado “son feitos que están aí, non promesas”, destaca logo de pasar revista a algunhas das accións que ten en marcha o goberno do Concello de Fene.

Institucional

Publica o teu comentario agora