ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Entrado o mes de agosto a parroquia de Limodre volverá ser lugar de peregrinación para os afeccionados á música pop. Atraídos polo Felicia Pop, que celebra unha nova edición, e xa van 26. Este ano, a organización dedicará unha homenaxe a José Ardá, recentemente falecido, “un dos referentes do Festival, botámolo moito de menos”, declarou en Radio Fene Nicolás Vidal.
“Moita xente non sabe que Xoel López asinou o seu primeiro contrato discográfico na Escola de Limodre", lembra Nicolás. Daquela, Xoel López formaba parte da Elephant Band. Outros membros desa banda, hoxe en Meu, actuarán de novo en Limodre, no Felicia Pop. Tamén pasarán polo festival outros grupos galegos, de Asturias, Andalucía e Madrid, do Reino Unido e dos Países Baixos. Helen & Shanna, Thee Blind Crows, Lorre, Fleur, The Tambles, Fruit Tones, La Perra Blanco, Doctor Explosión, Boston Babies e Meu actuarán na Hortiña de Limodre que abrirá as portas ás 20:00. Os concertos darán comezo ás 21:00. Cando rematen será a quenda dos picadiscos que animarán ás madrugadas os dous días, ata que o corpo aguante. Como aperitivo, está prevista unha actuación de Roger de Flor e Bernard, o día 8 no local social da Escola de Limodre. E o Concello de Fene colabora no programa cunha sesión vermú, prevista para o sábado, na que actuará Ataque Escampe con entrada libre. As entradas para o Felicia Pop 2024 poden adquirise en woutick!. A prezos que están ao alcance de todos os petos. Ata finais de mes hai unha oferta, o prezo para un día é de 15 euros e para todo o festival custa 20 euros.
Publica o teu comentario agora