ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Coa música Pop como leitmotiv, unha nova edición do Felicia Pop Festival volve esta semana á parroquia de Limodre.

O parque da Hortiña será o escenario principal deste Festival que terá as súas datas fortes no venres 1 e o sábado 2 de agosto cun cartel que traerá á parroquia fenesa de Limodre a 10 grupos punteiros do panorama musical galego, estatal e internacional.
Pero aínda que venres e sábado son os días principais, a Asociación Cultural Felicia ten organizado o arranque do festival para a noite do xoves 31 de xullo, nesta ocasión utilizando como escenario o da Escola de Limodre cunha previa de balde na que poderemos gozar, nesta ocasión da man de dous grupos galegos, os novísimos ULEX que toman o nome científico do toxo para poñer nome ao seu proxecto musical. Esta rapazada, que non chega á maioría de idade, dará paso a uns veteranos do blues e o soul en galego, Allo Negro.
As actuacións previstas para venres e sábado intentan un equilibrio entre propostas novidosas, que non hai que perder de vista, como é o caso dos madrileños Cometa, con un grupo que removerá lembranzas a máis dun, é o caso de Hey Hematoma, os irredutibles herdeiros de Siniestro Total ou grupos de culto para moitos, representados polos neoiorquinos The Optic Nerve.
O Festival, decano dos adicados a este tipo de música en Galicia, non perde de vista algo que xa se ten convertido nun clásico, a sesión vermú prevista para o sábado 2, “fomos pioneiros”, afirma Nicolás Vidal, voceiro da Asociación Cultural Felicia. Nesta edición, coa colaboración do Concello de Fene, o protagonismo será para a Familia Caamagno que, con seguridade, adiantarán pezas do que será o seu novo traballo discográfico, que acaban de rematar de gravar.
Nicolás Vidal preséntanos un festival que ten varios méritos, ademais da lonxevidade que avalan esas 27 edicións e unha produción propia, tamén ten o coidado co que reciben a quen visita o festival. Son xa un clásico a zona de acampada, a habilitación de espazo furgo ou a oferta gastronómica dentro do recinto do festival. Ao remate dos concertos haberá, outro clásico no cartel, sesións de pica discos a cargo de recoñecidos colaboradores, algúns participantes na cita dende a primeira edición, que farán difícil non ver o amencer no Parque da Hortiña.
Fotografía: XanXe
Publica o teu comentario agora