Felicidade aínda sen saúde

Felicidade aínda sen saúde
24 de Setembro, 2021 - 01:03 h. | Publicada por Radio Fene

Felicidade aínda que non se teña saúde. Esa é a receita da escritora de Pontedeume Eva Veiga. Fala desde o coñecemento porque padece leucemia desde hai máis de vinte anos. Non é verdade que haxa que ter cartos e saúde para gozar de felicidade. A escritora recoñece que a  dor perturba moito a harmonía coa vida. Pero Eva Veiga pode buscar a felicidade, esa harmonía coa vida, a pesar de convivir coa enfermidade. 

Eva Veiga en Radio Fene

Se decides vivir, intenta facelo o mellor posible e ser un pouco feliz. A felicidade ten que ver coa liberdade, coa dignidade e coa esperanza. A esperanza é unha estratexia de supervivencia, afirma a escritora sen falsa modestia nin pedantería.  Quérote canto de Baldo Ramos e Eva Veiga. Presentación do libro e recital poético musical con Bernardo Martinez e Fito Ares. Este venres ás oito e media da tarde na Casa da Cultura de Pontedeume.
 

Cultura

Publica o teu comentario agora