Felipe Senén: “Estou seguro de que o Gaiás vai ser como o Guggenheim”

Felipe Senén: “Estou seguro de que o Gaiás vai ser como o Guggenheim”

23 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Con reparos, mais un éxito a fin de contas. O museólogo Felipe Senén, presidente da asociación Amigos dos Museos de Galicia, confía no potencial do proxecto da Cidade da Cultura que se erixe no Monte Gaiás de Santiago de Compostela malia non compartir en primeira instancia a necesidade dese tipo de investimento: “Estou totalmente seguro de que a Cidade, que naceu nun sitio non ideal e cun gasto desnortado para un país como é o noso que ten outras

Quen pasa por ser un dos máis egrexios expertos en museos do país non está de todo conforme coa monumental infraestrutura cultural concibida pola Administración Fraga, pero unha vez que toca asumila concede que pode representar un fito para o turismo en Galicia. Felipe Senén considera que o futuro da Cidade da Cultura pasa pola competencia dos seus responsables, encargados de fornecela de contidos interesantes que deben presentarse de maneira atractiva: “Do que se trata é de contar con profesionais que profesen e funcionarios que funcionen”.

Senén defendeu en Radiofusiòn que aínda queda moita cultura de Galicia que contar nos museos. O museólogo detecta un gran baleiro arredor do estudo e a exposición de temas da etnografía galega como a etapa do ouro ou a historia do carro de vacas (“existía unha moi variada tipoloxía de carros e agora case non quedan; nos últimos anos foron desaparecendo todos”). Asemade reclama maior publicidade para o traballo realizado polos pioneiros do cine na Comunidade e para a etapa formativa do pintor Pablo Picasso, que se desenvolveu na cidade da Coruña, “algo que moi pouca xente coñece”, e que atraería a atención internacional.

Cultura