Feliz aniversario á Rondalla Lucero del Alba

Feliz aniversario á Rondalla Lucero del Alba

08 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Rondalla Lucero del Alba de Neda chega aos 45 anos con saúde e bon facer. Son 47 os compoñentes na actualidade. Todos estarán o sabado 9 de outubro celebrando o aniversario na Casa da Cultura nun acto que abrirá o alcalde, Ignacio Cabezón, ás 7 da tarde.

Ao acto convidaron aos que foron membros da agrupación en todo este tempo, ás vinte madriñas que enarbolaron o estandarte, ao crego que lles prestou as 3.000 pesetas que lles faltaban cando se fundou a rondalla. O ex presidente e hoxe secretario de Lucero del Alba, Celso Seijo, foi un daqueles mozos fundadores no ano 1965. O presidente, Andrés Pena, cumprirá mañán un soño; reunir a toda a familia de Lucero del Alba no acto no que recitará o poeta Xoan García e no que cantarán aquelas pezas máis demandadas polo público nas múltiples actuacións que desenvolven ao longo do ano. Lucero del Alba é hoxe en día a rondalla máis antiga da comarca e a primeira que integróu nas suas filas ás mulleres.

Non esquencen aos rondallistas que quedaron no camiño, así que ás 12.00h cantarán nunha misa no seu honor na igrexa de San Nicolás. 

Sociedade