Feliz domingo nos Pinares

Feliz domingo nos Pinares
19 de Maio, 2026 - 01:52 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío feminino festexa o ascenso á Segunda División Galega. Perlío 2-0 Silva. Conchi López, delegada do equipo felicitase polo ascenso, agradece o traballo de xogadoras, adestradores e dedica un emocionado recordo a Rosi na súa despedida.

ESCOITA O PODCAST:

O Perlío feminino pechou unha excelente tempada 2025-2026 vencendo nos Pinares ao Silva, que lle fixo o pasillo ao final do partido ao equipo, terceiro clasificado da Liga o que lle dá un dereito ao ascenso.  O partido acabou con “moita alegría e foi un pouco emotivo porque se despide Rosi, unha compañeira exemplar, que pon calma no vestiario e que leva oito tempadas no equipo”. De momento toca “gozar do ascenso e despois ver como se prepara o futuro”, apuntou Conchi López. 

Deportes

Publica o teu comentario agora