Feminino plural

Feminino plural
28 de Febreiro, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

8M “unha data moi importante que sinalar no calendario”. O Concello de Fene prepara unha programación especial para conmemorala, baixo o lema “Elas, escríbese en feminino”. Avanzou detalles da celebración a concelleira de Igualdade e Benestar, Sandra Permui.

ESCOITA O PODCAST:

“Vivimos un retroceso en igualdade”, denuncia Sandra Permui. “Desgraciadamente penso que cada vez hai máis machismo, seguen morrendo mulleres polo feito de selo e temos que reivindicar os nosos dereitos”, destaca a responsable de Igualdade e Benestar do Concello de Fene. Este 8M o Concello de Fene pon o foco no tecido asociativo “é o motor que impulsa moitas actividades, creo que é o momento de facerlles unha homenaxe e darlles visibilidade ás mulleres que tiran del”.

A área de igualdade impulsa unha campaña de visibilización das mulleres que conforman a memoria e identidade de Fene. A véspera do 8M estrearase un mural en croché e presentarase o xogo “O latexo das bolboretas” para fomentar a reflexión e o empoderamento. 

Institucional

Publica o teu comentario agora