Fenéticos, Arredemo, The Chonis e Pablo Bicho, co Galego

Fenéticos, Arredemo, The Chonis e Pablo Bicho, co Galego

07 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os Fenéticos, Arredemo e The Chonis participarán esta tarde no Festival A Mocidade coa Lingua 2010. Como grupo convidado actuará o coruñés Pablo Bicho. As actuacións comezan ás oito desta tarde na Praza do Concello de Fene.

Os nervios non abandonan aos mozos e mozas, membros dos grupos que suben ao escenario esta tarde, moitos deles por primeira vez. Senón que llo pregunten a Leonardo e Laura López, dos Fenéticos ou a Sarai Rivera, de Arredemo, como fixo esta mañán Almudena Marcos na Fenestra.
Ensaiaron nos recreos e polas tardes, esforzandose por tocar mellor, pero compensa. Os profes axudaron na traducción das cancións, especialmente Miguel Anxo e Bárbara do IES de Fene; e eles queren consolidarse como grupos. Son algunhas das cousas que nos contaron esta mañán do dia D e que podedes escoitar aquí. 

Pablo Bicho non debe estar nervioso porque é un veteráno dende que nos 80 comezase a sua andaina musical en Radio Océano. Esta tarde no festival fenés estará acompañado de dous grandes musicos feneses;  o guitarrista Cabe ou o bateria Miguel Lamas. Pablo Bicho non tivo máis que eleoxios para eles.

Sociedade