Fene aproba o xoves as subvencións nominativas ás entidades

Fene aproba o xoves as subvencións nominativas ás entidades

04 de Outubro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un carril da avenida das Pias á altura de San Valentín permanece cortado nesta xornada. O motivo é a poda das arbores situadas na beira da vía, segundo informa a concellería de Medio Ambiente de Fene. Na mesma avenida das Pias o alcalde de Fene anunciou esta mañá a inmediata licitación das obras de renovación de servizos e pavimentos nun novo tramo deste vial. Juventino Trigo tamén deu conta do remate da reparación e sustituci

O alcalde de Fene Juventino Trigo deu conta esta mañá da finalización dunha obra de saneamento na parroquia de Maniños. A actuación afectou a un tramo da rede da rúa Unión, incluindo a reparación e sustitución do pavimento da zona de formigón por rego asfáltico. Orzamentouse en 59.041,13 euros e contou cun prazo de execución de seis meses. A obra xustifícouse na necesidade de reparar e eliminar as filtracións á rede de saneamento que incidían no funcionamento permanente do bombeo e provocaban verquidos ao río Ba. O estado deteriorado do formigón obrigou a sustituílo por un novo de rego asfáltico. Así mesmo, o alcalde tamén deu conta doutro proxecto. O Concello espera a autorización de ADIF para licitar unha nova fase da renovación de servizos e pavimentos na avenida das Pias, continuando a actuación iniciada o ano pasado. Renovaránse as tuberías existentes de fibrocemento mediante novas redes de fundición e polietileno. Incluese tamén a demolición das beirarruas existentes,a reposición dos pavimentos afectados e a colocación de baldosas antiesvarantes.

 

Sociedade