ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A rotura dunha tubería deixou sen auga o domingo e onte luns á mañá a unha zona de Fene durante varias horas. A Avería ocurriu na marxe esquerda da avenida das Pías dende o cruce coa rúa Río Castro ata a Avenida Marqués de Figueroa. Os traballadores de Viaqua deixaron amañado o problema onte ás duas da tarde. A rotura debeuse máis unha vez á antiguidade das tuberías. Menos mal que non se tratou da co
O novo goberno local traballa na escolla das obras que se incluirán o POS e PAS da Deputación. Hai moitas candidatas pero o problema xurde á hora de ter a punto os permisos que fosen necesarios para abordalas e os prazos que teñen para ter todo a punto, segundo declarou Juventino Trigo.
O xoves desta semana, o día 15 de outubro, someteranse a aprobación os Orzamentos municipais do 2015, nunha sesión extraordinaria, segundo nos comunicou o alcalde fenés, quen saíu ao paso das críticas que o PP publicou nos xornais nos últimos días sobre temas como o retraso na entrega do local do grupo municipal, a mala organización das comisións, a devolución por parte da empresa Viaqua da nave que lle ten cedida o concello ou ao pago pendente das subvencións ás entidades sociais do concello. Juventino Trigo responde a todas esas críticas que prantexa o PP . Con respecto ao último, o que máis pode interesar aos veciños-as de Fene, afirma Trigo que foi o PP o que deixou a deber ás sociedades pagos pendentes dos anos 2013 e 2014 que se pagarán cando se aproben os orzamentos deste ano.
No espacio As Foxas, Trigo, tamén anunciou que as obras da escola infantil de Barallobre están practicamente listas e o concello pretende agora comezar coa reurbanización do contorno coa preparación do terreo que a rodea e coa execución das beirarruas dende O Ramo ata a estrada da Palma.