Fene apura a aprobación das taxas municipais

Fene apura a aprobación das taxas municipais

26 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

PSOE e  BNG de Fene xuntaronse onte para falar das taxas municipais para o ano 2011.Os socialistas propuxeron a suba da maioría das taxas no 2,1% correspondente ao IPC interanual do mes de setembro. Incrementaríanse algo máis  o lixo e as taxas polas escolas Culturais e Deportivas por ser os servizos máis deficitarios. Así o explicou en radio Fene o concelleiro responsable de Facenda, Manuel Anxo Rguez Carballeira. Afirma que se trataría dunha conxel

O BNG acudíu á reunión celebrada onte cun documento de sete puntos. O primeiro deles propón realizar un estudo económico de cada taxa para equilibrar o conxunto. Debido á crise, o Bloque propón a posibilidade de afrontar o pago dalgunha taxa, como o IBI, dun xeito fraccionado e mesmo actualizar as exencións do pago. Os nacionalistas propoñen tamén optimizar e mellorar os padróns de taxas e impostos, con vocación de que pague todo o mundo.
Os nacionalistas propuxeron na xuntanza un repaso á redacción das ordenanzas porque figuran algunhas que están obsoletas e outras non actualizadas. O voceiro do grupo do Bloque calificou de falta de rigor e de “desinterese” total a actitude do grupo socialista diante deste asunto.  

A postura do PP é clara, segundo o seu voceiro Gumersindo Galego, a conxelación de todalas taxas no ano 2011. Non creen oportuna nen sequera a suba do IPC dada a situación de crise que os veciños e veciñas están padecendo. Galego afirma non entender aínda cal é a postura do grupo de goberno que a eles lles fala de subir o IPC mentras que na prensa fala de conxelación, duas medidas que son diferentes.

En liñas xerais EU estaría dacordo coa subida en xeral do IPC por considerala razoable, pero insiste o seu voceiro, Manuel Sánchez,  na situación de crise xeralizada que afecta negativamente a moitas familias. Por iso non hai que descartar que se ampliase neste momento o numero de exencións.

Sociedade