ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Reivindicación da identidade galega e chamamento á paz e ao papel da cultura na celebración do Dia da Patria Galega en Fene. No acto oficial interviron a alcaldesa Sandra Permui e Paco Oti, que leu a declaración institucional e falou esta mañá en Radio Fene.

Fene reivindicou a cultura, a memoria e o compromiso colectivo no acto institucional do Día da Patria Galega celebrado onte á tarde no Parque Lineal do Río Cádavo. A alcaldesa, Sandra Permui, destacou que “a patria constrúese cada día a través da lingua, da cultura, da defensa dos servizos públicos e da igualdade”.
O creador e activista cultural Paco Oti foi o encargado da declaración institucional, cun chamamento á paz, á defensa da identidade galega e ao papel da cultura como ferramenta de construción colectiva. A Paco Oti resultoulle moi emotivo un acto no que participaron membros da Corporación municipal, encabezados pola alcaldesa, Sandra Permui, e que lle permitiu reunirse con vellos amigos. O acto rematou cun aplauso colectivo. Para pechar a celebración celebrouse un concerto na praza do Alcalde Souto coas actuacións da Orquestra Bravú Xangai e Loita Amada.
Publica o teu comentario agora