Fene: Coidadores de dependentes

Fene: Coidadores de dependentes

05 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Fene entregou esta mañá os diplomas do curso "Benestar Coidando". O Programa serviu para apoiar emocional, psicolóxica e físicamente ás persoas coidadoras de persoas dependentes do termo municipal, segundo declarou Iván Puentes. Leváronse a cabo un total de 25 sesións nas que se abordaron temas relacionados coa dependencia, centrándonos sobre todo na figura da persoa coidadora, no seu autocoidado, para afortalar a s&

Coidar a unha persoa dependente non sempre é fácil e en numerosas ocasións supón unha notábel fonte de tensión. A maioría das participantes no curso foron mulleres pero tamén houbo tres homes.
Escollemos ao azar a Mª Eugenia, Mercedes, Dolores e Javier. Os catro teñen ao seu cargo a persoas dependentes.Eugenia ao seu home víctima dun ictus; Mercedes a un fillo cunha minusvalía do 99%; Dolores á sua nai e Javier á sua muller que padece dende hai 14 anos unha esclerose múltiple. A todos eles resultoulles útil o curso realizado polos SS SS municipais, aínda que insuficiente.

Neste curso déuselles información sobre o que lles pasa aos familiares, sobre como coidalos e atendelos, os recursos aos que poden acudir... e o máis importante, como cuidar de sí mesmas e de sí mesmos.A formación completouse cun ciclo de seis charlas que se desenvolveron dende setembro a xaneiro, onde se abordaron temas relacionados coas enfermidades que producen dependencia: alzheimer, parkinson, ictus, dano cerebral...
Ao acto desta mañá asitiron ademais unha representante da empresa SENES CIT, encargada da impartición do curso e a responsábel técnica do programa, a psicóloga dos servizos Sociais do Concello, Eva Sayago Martínez.

Sociedade