Fene concreta con Adif, as obras no apeadeiro de Perlío

Fene concreta con Adif, as obras no apeadeiro de Perlío

29 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Fene Iván Puentes reúnese esta semana co presidente de Adif coa intención de concretar a actuación prevista en Fene para a renovación do peche da via do tren ao seu paso pola zona urbana de Perlío - Fene- e o paso inferior na estación de Perlío así como o paso elevado na zona do cruceiro.

A pasada semana os técnicos de Adif e do Concello de Fene reuníronse coa intención de rematar canto antes os proxectos respectivos desta actuación e así avanzar na adxudicación das obras.
Agora, vaise manter unha nova reunión entre os representantes do Concello e de Adif para xa concretar plazos e orzamentos.

Na visita a Fene do ministro de Fomento na pasada primavera, éste comprometeuse a financiar as obras e, asinando  un convenio polo que o Ministerio de Fomento asume a construcción destes pasos e a renovación de todo o peche perímetral da vía co fin de reducir o seu impacto  e dar máis seguridade á zona.
As espectativas do alcalde Iván Puentes son que esta obra esté totalmente rematada a mediados do ano que ven.

Sociedade