Fene contará con grupos como Ulex ou De Ninghures no ciclo “Xullo, mes de patria”.

Ulex e De Ninghures no ciclo “Xullo, mes de patria”.
25 de Xuño, 2025 - 08:33 h. | Publicada por Radio Fene

De Ninghures ofrece concerto en Fene o xoves 10 de xullo, dentro do ciclo "Xullo, mes da patria" organizado polo Concello de Fene. As actividades prolongaranse entre o 4 e o 11 de xullo.

O venres 4 de Xullo a programación comezará cunha festa enfocada aos máis pequenos a cargo de La Guagua, con inchables, xogos de auga... na Praza Ramón Souto. Esa mesma maña, na Casa da Cultura de Fene, repartiranse as invitacións para o espectáculo do monologuista Federico Pérez. O martes 8, na praza do CPS de San Valentín as familias poderán desfrutar do espectáculo Historias para escagharriñarse. Na xornada do mércores, contará coa presencia do anteriormente mencionado Federico Pérez co seu espectáculo de humor Xa que o sabes, voucho contar (e cantar). O espectáculo comezará as 21:30 na praza Ramón Souto e ofreceranos un espectáculo no que Federico Pérez fará un repaso da súa vida en tón humorístico botando mán de clásicos musicais como The Beatles ou Frank Sinatra.

O Xoves 10 as 20:00, no Parque Liñal do Río Cádavo, terá lugar a lectura da declaración institucional polo día da Patria, escrita por Gisela Sanmartín. Máis tarde ese mesmo día, as 21:00, poderemos desfrutar na Praza Ramón Souto dos concertos de Ulex e De Ninghures. Para pechar o ciclo, o venres 11 as 20:30, o Festival de Habaneiras e Canto Coral terá lugar na Praza Ramon Souto.

Institucional

Publica o teu comentario agora