Fene convoca o Segundo Concurso de Tapas

Fene convoca o Segundo Concurso de Tapas

26 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os establecementos de hostalería de Fene poden participar no Segundo Concurso de Tapas, organizado pola concellería de promoción económica. Con esta iniciativa preténdese fomentar a especialización e a mellora da calidade das tapas así como consolidar o tapeo tradicional.

Mañá venres finaliza o prazo aberto para que os bares, cafeterías e restaurantes se apunten á iniciativa. Deberán comprometerse a ofrecer unha tapa tradicional ou creativa aos seus clientes entre o 12 e o 29 de marzo. So poderán participar as 10 primeiras solicitudes que para cada modalidade se reciban no rexistro xeral do Concello de Fene según rigurosa orde de entrada. O Concello editará un folleto informativo con todos os establementos participantes neste Segundo Concurso de Tapas, segundo sinala o edil de promoción económica Manuel Polo.

Sociedade