ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Concello de Fene sumouse aos actos de repulsa co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O salón de plenos da casa consistorial acolleu o acto institucional do 25 de novembro, centrado na lectura dun manifesto conxunto de todos os grupos políticos con representación municipal. Manuel Sánchez de Esquerda Unida, Gumersindo Galego do PP, Rita Couto en representación do BNG e o alcalde Iván Puentes, polo grupo socialista, foron pas&aacut
O voceiro de EU, Manuel Sánchez, iniciou a lectura na que se referiu á orixe desta data, elexida como conmemoración do asasinato en 1960 das tres irmás Mirabal, activistas políticas da República Dominicana. Na súa intervención cualificou a violencia de xénero de vulneración dos dereitos fundamentais das mulleres e deu conta dos avances acadados na loita desta problemática social nos últimos anos.
A continuación tomou a palabra o voceiro do Partido Popular, Gumersindo Galego, quen sinalou que a erradicación da violencia doméstica debe ser unha prioridade de todos os gobernos e enunciou as distintas formas coas que se atenta a integridade física e a diginidade da muller.
Rita Couto, do BNG, fixo un chamamento á revolución colectiva da cidadanía contra a violencia machista e loubou ás mulleres que perderon o medo e denunciaron aos seus agresores. Pola súa banda, o alcalde socialista Iván Puentes, destacou as pegadas que quedan nos nenos e nenas que viven en fogares onde se dá esta lacra.
Un acto sinxelo e simbólico que rematou cos sons da frauta do fenés Joaquín Balado.