Fene desperta lento na mañán electoral

Fene desperta lento na mañán electoral

01 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fene ten un censo de 12.279 electores. As 11 da mañán exercera o seu voto o 5%. O acceso ás urnas vai sendo lento nesta mañan de domingo na que aguanta sen chover.

Fene despertou paseniñamente nesta primeira mañán de marzo. Choveu pola noite e as ruas amaneceron molladas pero esta mañán mesmo asomaron raiolas de sol. Quizás o sol anime aos feneses a sair á rua e achegarse ás urnas.Nas duas primeiras horas da mañán poucos se achegaron a tenor dos datos. Nun dos colexios electorais cun dos censos máis elevados, o ubicado na Casa da Cultura de Fene con catro mesas, 120 electores deporsitaron as suas papeletas nas urnas. En total poden votar neste colexio 2.581 persoas das que ás 11 o fixeron 120. O concello de Fene ten un censo total de 12.279 que poden exercer o seu dereito ao voto nestescomicios do primeiro dia de marzo.

A normalidade preside este dia de eleccións autonómicas en Fene. Ningún incidente de relevancia se producía á hora de apertura das mesas. No colexio electoral da Casa da Cultura, ocupan as mesas novatos máis que veteráns nesta ocasión. Todos, membros das mesas e interventores, teñen claro que os apuros chegarán ao mediodía, cando a xente sinte a chamada da misa e do aperitivo. A ver se as urnas teñen a mesma capacidade de reclamo.    

Nas papeletas aparecen só tres candidatos de Fene, os tres son membros da corporación municipal e ningún vai colocado en postos  de saída; Gumersindo Galego do PP; Rita Couto do BNG e Manuel Sánchez de EU.   

Sociedade