ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Instituto de Fene gaña no concurso estatal Onda Ods. A final emitiuse esta mañá enfrontando o IES de Fene e o IES Almenar de Catalunya. Tras un exhaustivo exame do desempeño de ambos equipos en todas as fases do concurso e a implicación amosada, acordouse por unanimidade conceder ex-aequo o premio final aos dous centros. Roque, Martina e Eduardo representaron ao Instituto de Fene. Na fase galega presentou o certame o director de Radio Neria Toño Casais mentras que Ana Santiago coordenou a iniciativa e dirixiu a realización.
A organización recoñeceu e pon en valor o esforzo compromiso de todos os centros participantes que representaron con excelencia os valores e obxectivos do concurso.
O concurso “Onda Ods o futuro é teu” é un programa sobre o quecemento global, cambio climático e crecemento sostible. O formato é un concurso entre equipos de Institutos de Ensino Secundario de todo o estado. Celebraronse distintas probas eliminatorias, semifinais e esta mañá se emitiu a gran final. O certame forma parte da iniciativa Onda Ods impulsada polas Emisoras Municipais Galegas, Emisoras Municipales de Andalucia, RTV Cardedeu-La Xarxa de Catalunya e a Rede de Medios Comunitarios. Conta coa axuda do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030. Fene e Almenar gañadores compartidos deste certame.
Publica o teu comentario agora