Fene e Lebennec son irmáns

Fene e Lebennec son irmáns

06 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Fene, Iván Puentes anunciaba esta mañán unha boa nova, o irmanamento de Fene coa localidade bretona de Plabennec, seguindo o exemplo doutros concellos galegos que son cada vez máis europeos. Kersaint- Plabennec é unha poboación situada na rexión da Bretaña, departamentod e Finisterre, no distrito de Brest. A superficie é de 12 Km cadrados e a poboación non chega a 2.000 habitantes.

A elección da cidade bretona é unha casualidade, porque unha muller francesa  residente en Laraxe así llo propuxo.O irmanamento é unha iniciativa promovida e financiada pola UE, segundo o alcalde de Fene, para establecer relacións e afianzar o sentimento de cidadanía europea. No mes de agosto efectivizarase o irmanamento cunha visita dos feneses á Bretaña francesa, cos que existe unha orixe celta común.  Proximamente se definirá quen integrará a comisión.

Sociedade