ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Festas Patronais en Fene. O Concello asume a organización dos festexos para garantir que a festa que comparte todo o termo municipal poida ser celebrada, aínda que sexa de forma modesta, explicou a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Ángeles Coira.

Música, baile, gastronomía e tradición. Ofrece o cartel das Festas Patronais de Fene que organiza o Concello para os días 5 e 6 de agosto. Inchables para a poboación infantil abren a programación festiva o mércores, día 5, ás 19 horas. Galiza Show Machine levará a animación cos pasarrúas que comezarán ás 20 horas. E a partir das 22.20 a praza do Alcalde Souto acollerá a verbena na que actuará o Grupo Arizona. O xoves, día 6, xornada festiva, comezará a animación as rúas con Airiños de Fene, a partir das 11.30 horas E a música volve á praza do Alcalde Souto desde as 14 ata as 19 horas. Rayones e un DJ poñerán música á xornada festiva. E o atractivo gastronómico consistirá nunha degustación de petiscos de paella que dará comezo ás 15 horas.
Publica o teu comentario agora