ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene programou diferentes actividades para o periodo navideño. Arrincan o venres 12 coa actuación do Grupo Manicómicos, na sociedade Agarimo de Sillobre Presentan “Cabaret manicómico” ás 20h con entrada libre. Despois entre o 18 e o 31 de decembro continúan outras citas que gardan un equilibrio entre a música e o deporte. Destacan o Festival de Panxoliñas o sabado 20 de decembro e a carreira de San Silvestre, o 31 para pec
O xoves 18 de decembro as escolas municipais de música (solfexo, piano e guitarra) ofrecen un Festival de Nadal ás 5 da tarde na Casa da Cultura.
O venres 19 chegará a Exhibición de Ximnasia artística no pavillón do Ramo en Barallobre, coa participación da Escola municipal desta modalidade e do Club de ximnasia Ferrolterra de Fene. (seis da tarde)
O sabado 20 a sociedade Agarimo de Sillobre acollerá este ano o Festival de Panxoliñas, no que participan todalas corais e rondallas do concello de Fene. O mesmo día, pola tarde o pavillón A Xunqueira acollerá unha Exhibición de Baile de Nadal coa participación dos clubs de baile de toda a comarca.
No mesmo escenario, celebrarase o Torneo de Futbol sala feminino, o sabado 27 de decembro.
Durante todas as festas de Nadal, do 23 de decembro ao 7 de xaneiro, a Casa da Cultura acollerá a exposición do “VIII Premio de banda deseñada Castelao” propiedade da Deputación provincial.
Outra proba deportiva pechará o ano 2014 en Fene, a II Carreira San Silvestre o 31 de decembro.