ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O parque A Galaxia Imaxinaria ábrese ao público o día 22 de maio, iso sí, dependendo sempre da climatoloxía, xa que este evento ao aire libre precisa dunhas condicións climatolóxicas axeitadas para as actividades programadas.
A inauguración e apertura ao público do Parque está enmarcada nun conxunto de actividades que queren dar a coñecer a iniciativa para difundila entre os veciños e veciñas de Fene, da comarca ou en xeral entre as diferentes persoas interesadas no próprio Parque e na actividade deseñada. O concello de Fene e en particular a concellería de Promoción económica, convida a participar a toda a xente interesada en disfrutar dunha tarde con diferentes actividades para persoas de todas as idades e diferentes afeccións. Pintarase sobre os muros, farase skate, xogarase coa música, contacontos, etc, ocupando con esas actividades os diferentes espacios deseñados no recinto inmerso no Parque Castelao. Entre as iniciativas postas en marcha está ademais a edición dunha guía explicativa do parque que se distribuirá proximamente. E ademais inaugurase unha web agalaxiaimaxinaria.com onde as persoas interesadas poderán acceder a unha información máis específica e aplicada do Parque. Na web teremos desde propostas lúdicas a fichas didácticas, pasando polo enfoque turístico e de lecer.